Literaturra agradece la reproducción de los materiales publicados siempre que se mencione la fuente.

Entradas populares

10 diciembre 2009

manolo pipas das comunidades indixenas a grecia sahara colombia

a mixteca no camiño e subimos a comunidades
e cada vez costa mais sacar unha cronica e ate as veces se resiste o poema
os xogos coas chamacas os duros traballos e os irmans priistas do compa
os fosiles de caracolas mariñas e o posible fosil dun touro primitivo
o tremendo almorzo nun comedor e outra vez paga o mixteco
a igrexa construida enriba das construccions das xentes das nubes
coas suas pedras saqueadas e algunhas esculturas mixtecas
incrustadas na parede do templo do medo
os grabados das iguanas confirman que esta rexion
hai centos de anos era moito mais verde e húmida
e algunhas destas historias como que se repiten
pero dias despois xa se entrelazaron estas palabras

a los mixtecos nos gusta vivir
con nuestras casas un poco apartadas
con nuestra huerta y animales …
dixome un compañeiro hai uns anos

cando subimos ao cerro guiados por un avispado mozo
que naceu e medrou entre estas milpas e peñascos
fomos a ver as pinturas dos chamados gentiles
e os restos das antigas construccions uns cobertos e gardados
pola maleza e outros saqueados hai pouco tempo
e entre unhas e outros pisamos anacos de ceramicas olas pratos …
a bretema xa se vai quen sabe donde
e unha muller un pouco mais abaixo xa leva horas traballando
ela e a sua familia viven ben separadas das outras casas mixtecas
entre o cerro e o ollo de auga a comunidade que regala a auga
a vila de tlaxiaco pero segue sen ela nos seus fogares

a muller ordeña as vacas fai o queixo e carga o zacate para elas
a muller a sua familia ordena e carga sobre ela a casa

con ela e o seu fillo platicamos un rato
e dinos cos seus ollos algo tristes
no pasan a tomar un café
no podemos que llevamos prisa
ah bueno
i tu mujer i las niñas están bien
dille ao compañeiro
e xa nos temos que despedir mentres ela volta
ao duro traballo xa baixo un forte sol



voltamos a cidade seguen os seus procesos
a liberdade contra as leis e a falta de xustiza
e os compas do tianguis cultural e politico que son desaloxados
expresos compas de radios comunitarias mulleres amamantando
trovadores malavaristas persoas de comunidades
unha pequena parte deste movimento pois


lemos a prensa e o mundo que segue a golpes
cumprise un ano das protestas dos estudantes en grecia
un ano do asasinato dun mozo pola policia
e de moita mais represion e de incendios na cidade
e nos eventos de lembranza golpeados e detidos helenos e doutros paises
que voltan ser criminalizados porque parece ser que facer turismo
noutro pais é bo pero manifestarse pola xustiza dos compas é malo


o conflicto do sahara que volta a palestra por un caso individual e aillado
unha muller en folga de fame unha muller golpeada como a sua nacion
vintetantos dias en folga de fame na illa de lanzarote
por non poder reunirse coa sua familia no continente
o saharaiu un pobo negado polos seus okupantes de marrocos
unha cultura negada polo seus anteriores colonizadores do estado español
e un territorio negado polas chamadas nacions unidas
150.000 saharauis represaliadxs por marrocos na sua propia terra
e outros 190.000 desprazadxs en precarios campamentos
da veciña alxeria no inospito deserto


e no instituto de artes graficas de oaxaca houbo unha platica
presentacion dun libro sobre a problemática colombiana
cronica oculta del conflicto por m g magil
estrategias de impunidad en la narcoparapolitica
el acuerdo humanitario los desaparecidos
o autor situose hai sesenta anos na queima de pequenos cafetais
nos desprazamentos de miles de indixenas e mestizos
e na aparicion dos primeiros grupos armados e fixo un recorrido ate hoxe
e lanzou a alarma sobre o paralelismo co mexico destes ultimos anos
onde moitos gobernantes están vendidos aos narcos

ao sair do iago agarro o programa do cineclube el pochote
e neste mes ripstein y cine latinoamericano
arturo ripstein é un dos cineasta mexicas masi prolificos
e emiten obras del como el imperio de la fortuna e principio y fin
de argentina temos el lado oscuro del corazon mantin h
las mantenidas sin sueños e el sueño de valentín
de peru tinta roja mariposa negra la fiesta del chivo e la teta asustada
do brasil bicho de 7 cabezas perdidos na noite e moacir arte bruto
e de colombia soñar no cuesta nada tiempo de morir
os xa clasicos vendedora de rosas la estrategia del caracol
e maria llena eres de gracia

fora as indixenas seguen vendendo chocolatinas das transnacionais
neste terra que descobriu e desenrolou o chocolatl

por: manolo pipas

No hay comentarios:

Entradas populares